xoves, 11 de setembro de 2008

xogos tradicionais e clausura OUlímpica

A Fervenza de Ouzande programa unha tarde de xogos para poñer remate ás Festas do Socorro. Comezarán a partir das 18:30, coa inscrición de todos interesados, que a continuación poderán practicar os diferentes xogos que estarán no campo da festa.
A tarde rematará coa cerimonia de clausura do ANO OULÏMPICO de Ouzande e cunha merenda para todos e todas as participantes.

Xogos:
Xogo da ra, Zancos ou chalancas, Chave, Aros, Petanca, Sacos, Trompos, Corda, Bólas, Chapas, Birlos celtas, Bolos do Soldón.

Hai xogos para todas as idades, maiores e pequenos.

1 comentario:

An dixo...

Moi boa iniciativa a oulimpica...xa me pasa polos miolos mudarme de Vilagarcía.Por certo, miña noraboa a deseñadora do cartel, non che sei por que pero dame a min que é unha moza, é moi bo. Saúdos