mércores, 1 de outubro de 2008

bailas?

CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL CLASES DE GAITA, BAILE E PANDEIRETA

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 4 de outubro no local do campo da festa ás 4 e media da tarde. Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA e BAILE.

O horario da clase de GAITA será todos os venres ás 9:30 da noite.

Nesta reunión terá lugar unha actuación por parte do grupo de gaitas da Fervenza. Tamén convidamos ás participantes nas clases de pandeireta a traeren a mesma para interpretaren algunha peza. As persoas que veñan por primeira vez tamén poden traer a súa pandeireta, se a teñen.

Anímate a tocar algún instrumento ou a bailar. Verás que non é tan difícil, e ademais vas pasalo ben.

Podes inscribirte enviando un correo a carreirosouzande@gmail.com

2 comentarios:

An dixo...

Moi boa iniciativa, noraboa, e noraboa tamen poro cartel...de certo gustariame coñecer a quen os fai...dadelle meus parabens.saúdos ee apertas

a fervenza de ouzande dixo...

De todos os carteis das actividade, e da revista Carreiros ocúpase a deseñadora ouzandesa Rosa Herraiz.
Tés que vir dar unha volta por Ouzande, An...