Por fin Carreiros 7. Queremos compartilo contigo. Bonito, bonito. E barato.
Neste número continuamos a serie, iniciada no número anterior dedicada á investigación sobre os emigrantes ouzandeses noutras latitudes, baixo o título “Memoria da emigración”. Neste caso inclúese un artigo sobre Florentino do Rubio, emigrante en Itapeva, Brasil. (O artigo basease nunha entrevista gravada e realizada por Manuel de Cabanas, emigrante e “correspondente” de Carreiros na diáspora)
Entrevista con Miguel Carbajal, xinete ouzandés campión de Raid e que proximamente competirá no Campionato do Mundo
Creación literaria: Poemas de Manuel Cabanas, emigrante ouzandés no Brasil, e do estradense Senén Campos Maceiras.
Entrevista con Lorena Nieves, astrónoma e compoñente de Retrouso, grupo da asociación
Reseña literaria: Días do Final, do ouzandés Manuel Pereira.
Outras seccións:
Cartas e colaboracións de lectores.
Memoria Fotográfica (de festa nos anos 60)
Crónica de actividades, onde se recolle un resume das actividades levadas a cabo pola Asociación neste último ano. (Cursos, festas tradicionais, xogos oulímpicos, etc.)
Realizouse unha tiraxe de 350 exemplares.
A revista pode adquirirse nos seguintes establecementos:
Taberna de Ouzande
Café A Farola
Argentinos Burguer
Libraría Alberte Quiñoi
Se estás lonxe e queres ter Carreiros contacta con nós carreirosouzande@gmail.com
Aí vos quedan as lembranzas do meu tempo de neno en ouzande, recitadas magnificamente por Manolo de Cabanas dende Brasil (por erro noso non se escoita o primeiro verso: Ouzande foi meu niño...)
3 comentarios:
Xa a teño nas miñaas máns, agora a facer un oco pra botarlle un ollo...ou mellor os dous. Saúdos e apertas
Sinto-me envaidecido pelas citações feitas a minha pessoa Por este blog, mesmo não me sentindo merecedor de toda essa atenção, agradeço imensamente, e espero poder retribuir à altura a confiança em mim depositada.
Um abraço carinhoso para toda a equipe
Moi ledas festas, agardo que toda a ledicia que vos desexen estes días siga con vos toda a vida. Saúdos
Publicar un comentario