martes, 17 de febreiro de 2009

antroido 09

SÁBADO DE ANTROIDO
21 de febreiro de 2009

A partir das 17:00 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, a unha carroza percorrerá os lugares da parroquia acompañando aos cegos do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Non faltarán a música nin as cancións.

Horario aproximado:

17:15 da tarde: saída do campo

17:30: O Tallo

18:00:. O Castro

18:15: O Picoto e o Redondo

18:35: Alemparte e O Formigueiro

19:00: O Topete

19:15: Igrexa

E como remate a partir das 19:30 da noite, gran festa de disfraces no local social. Música, animación e degustación dos produtos típicos do antroido.

3 comentarios:

An dixo...

Agardo que o pasedes ben, xa verei fotiños. Saúdos e apertas

a fervenza de ouzande dixo...

se non tes outra cousa mellor que facer o sábado xa sabes, estás convidado...

manolo dixo...

O cartel do antroido de Ouzande é mais chulo que o de Cangas