xoves, 30 de setembro de 2010

inicio das clases de música e baile en ouzande 2010-2011

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 2 de outubro no local do campo da festa ás 5 da tarde.
Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE e TAMBORIL.
Tamén convidamos ás participantes nas clases de pandeireta a traeren a mesma para interpretaren algunha peza. As persoas que veñan tamén poden traer os seus instrumentos.
O horario da clase de GAITA será todos os sábados ás 11:30 da mañá.
Anímate a tocar algún instrumento ou a bailar. Verás que non é tan difícil, e ademais vaste divertir.


Ningún comentario: