martes, 22 de novembro de 2011

presentación andar carreiros

O próximo 27 de novembro de 2011 a AC A Fervenza de Ouzande vai celebrar o acto central dos dez anos da súa historia desde a súa fundación no ano 2001. O acto consistirá na estrea do documental ANDAR CARREIROS. DEZ ANOS DE FERVENZA DE OUZANDE. Así mesmo, contaremos coa participación da actriz, escritora e contacontos Paula Carballeira que será a madriña do evento. A actividade dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no local social de Ouzande, sito no Campo da Festa. Ao rematar a proxección, todas as persoas asistentes poderán compartir unha merenda á que convida a Asociación. Este acto, aínda que é aberto ao público en xeral, está pensado especialmente para os socios e socias da Fervenza de Ouzande, así como para os veciños e veciñas da parroquia.
De feito, o próximo 16 de decembro realizarase unha presentación e proxección do documental no Museo do Moble da Estrada (MOME) á que se covidará a todo o tecido asociativo, institucións e público en xeral.

Ningún comentario: