mércores, 14 de decembro de 2011

a fervenza de ouzande no mome

Despois da súa estrea no local social de Ouzande, o pasado 27 de novembro no que estivo presente a madriña da asociación, Paula Carballeira, a AC A Fervenza de Ouzande presenta na vila da Estrada o documental ANDAR CARREIROS. DEZ ANOS DA FERVENZA DE OUZANDE. O acto terá lugar o próximo sábado 17 de decembro a partir das 20:00 horas no MOME (Museo do Moble da Madeira da Estrada, á beira de Protección Civil). Esta actividade dará inicio a unha semana da Fervenza de Ouzande no MOME, na que teremos instalada a exposición “Dez anos a andar carreiros” que resume a traxectoria da asociación, realizada con paneis, carteis das actividades, proxeccións e a revista Carreiros, así como outros materiais editados pola entidade. A mostra poderá ser visitada desde o propio sábado 17 pola mañá. O horario de visitas á exposición será: Do sábado 17 de decembro ao xoves 22 de decembro Mañás: De 11:00 a 13:30 Tardes: De 17:30 a 20:30 O DVD co documental xa se pode adquirir na Taberna de Ouzande ou na Libraría Alberte Quiñoi da Estrada

Ningún comentario: