O pasado 9 de febreiro, unhas 50 persoas acudiron á chamada da AC A Fervenza de Ouzande para celebrar a súa Xunta Xeral Anual. Nesta ocasión correspondía a renovación da xunta directiva, que ten lugar cada dous anos. Como xa se anunciara, o ata agora presidente non se presentaba á reelección, polo que se escollería nova presidencia.
Na
asemblea aprobáronse por unanimidade os informes económico e de xestión
do ano 2024 e proxectouse como é habitual un vídeo resume das
actividades realizadas.
A
continuación procedeuse a elección, tamén por unanimidade da nova xunta
directiva encabezada por Noelia Bouzón Docampo, ata este momento
vicepresidenta da asociación. Foi escollida como vicepresidenta Laura
Carbajal Saborido, como secretaria Inés Bugallo Puente e como
tesoureira, Laura Herraiz Cabanas (a única persoa que repite "cargo"). O resto da nova directiva está formado por:
Malusa Rodríguez Pazos, Rosa Herraiz Cabanas, Manuel Rosende Torres, Isabel Durán Parada, Manuel Ángel Bouzón Fernández, Manuel Porto Gestoso, Cristina Riveira Porto, Manuel Uzal Docampo, Almudena Serantes Puente, Patxi López Durán, María Troitiño Seoane, Ana Gestoso Froján e Pablo Neiro Mogo.
Malusa Rodríguez Pazos, Rosa Herraiz Cabanas, Manuel Rosende Torres, Isabel Durán Parada, Manuel Ángel Bouzón Fernández, Manuel Porto Gestoso, Cristina Riveira Porto, Manuel Uzal Docampo, Almudena Serantes Puente, Patxi López Durán, María Troitiño Seoane, Ana Gestoso Froján e Pablo Neiro Mogo.
A
reunión non estivo exenta de momentos de emotividade ao
producirse a despedida de Xabier Camba como presidente, que dedicou
unhas palabras de agradecemento e cariño aos seus compañeiros e
compañeiras de directiva e aos socios e socias presentes.
Tamén
foi sorprendido con diferentes "agasallos" como un cadro cunha
selección de fotos destes anos, unha torta conmmemorativa, un vídeo e
mesmo a actuación musical do grupo da asociación, Retrouso.
A xuntanza rematou coa tradicional merenda de convivencia a base de chocolate con rosca.
Picando na imaxe podes ver moitas fotos do evento:
Ningún comentario:
Publicar un comentario