Este sábado, 21de xuño, a partir das 20 horas, no campo da festa de Ouzande, terá lugar o peche festivo das clases de música, baile e canto tradicional correspondente ao presente curso 2024-2025, que incluíron as disciplinas de gaita, percusión, canto, pandeireta e baile tradicional. Unhas 30 persoas acudiron á súa cita semanal nestas modalidades.
O evento do próximo sábado iniciarase coas actuacións do alumnado a fin de mostrar a súa progresión nas diferentes disciplinas das clases.
Convidamos tamén a que as persoas que o desexen traian os seus instrumentos e ganas de pasalo ben para continuar coa festa.
Haberá servizo de bar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario