A AC A Fervenza de Ouzande programa a 14ª edición da Ruta de Nadal na que se realizará a subida ao
Castro de Arcos, no veciño concello de Cuntis.
A Asociación convida a pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente.
Gozaremos da paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e seguro que tamén
servirá para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa.
Xoves 25 de decembro de 2025
Hora de saída: 09:30, diante da Igrexa de Ouzande.
Chegada sobre as 13:15 ao mesmo sitio.
12 km de percorrido, dificultade media baixa.
Recoméndase levar calzado cómodo e impermeable.
A ruta só se suspenderá se as condicións meteorolóxicas impiden a súa
realización.
A actividade é gratuíta e poden participar todas as persoas que o desexen,
socias ou non socias.
LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos
de interese:
Castro de Arcos. Sito no Concello de Cuntis. Fermoso promontorio, coas
trazas
de castro, pero que está sen escavar. Desde o alto. obsérvanse fermosas
panorámicas do Val da Anllada e do monte Xesteiras. Recoméndase levar
prismáticos, pois mesmo se chega a ver a Ría desde o alto. O castro está
en moi boas condicións de accesibilidade cos camiños limpos e constitúe
un destino sendeirista perfecto.
Encoro da Estrada: Descenderemos pola beira do antigo encoro que abastecía de
auga á vila da Estrada, convertido hoxe en día nunha lagoa na que destaca a vexetación
propia de ribeira así como a presenza dalgunhas aves migratorias nalgunhas
épocas do ano.
Espazos naturais e paisaxe: A ruta combina espazos naturais autóctonos de moito valor con
zonas moi deterioradas polo efecto humano nas que se fixeron grandes
plantacións de eucaliptos mesmo en zonas de humedais e turbeiras de gran valor
ecolóxico. Tamén, recentemente, foron instalados varios muíños de vento, cuxas
obras provocaron certo impacto na contorna e o deterioro de algunhas paraxes.



