Foi unha tarde noite de festa e lume. As mellores fotos picando na imaxe:
luns, 29 de xullo de 2019
sábado, 22 de xuño de 2019
LUMEIRO 2019
LUMEIRO EN OUZANDE
Coma sempre, haberá algunha sorpresiña..., onde andará o home do saco? Se aparece, poderemos escribir nun papel o que queiramos queimar con el...
Ah! Os nenos e as nenas están invitados a vir a partir das 7:30 da tarde... os maiores esperade que chegue a noite...
mércores, 19 de xuño de 2019
Imaxes da Foliada de Fin de curso 2018-19 da asociación
Picando na imaxe podes ver as mellores fotos da celebración do fin de curso das clases de música e baile da asociación. Foi o pasado sábado 15 de xuño.
luns, 10 de xuño de 2019
Así foi a excursión anual da Asociación. Mondoñedo e Meira 2019
Trinta persoas desafiaron o frío do norte con bo humor, camaradería e ansia por coñecer e compartir cousas.
O grupo de excursionistas arribou a San Martiño de Mondoñedo, en Foz, despois dunha longa viaxe, pero confortable coma sempre no bus de Exprés de Vea.
Alí fixeron a súa primeira visita guiada do día admirando a magnífica basílica románica, considerada a unha das catedrais máis antigas de Europa e cuxo actual edificio, en bo estado de conservación data do século XI.
Trasladáronse despois á vila de Mondoñedo onde visitaron e admiraron a casa onde naceu o escritor Álvaro Cunqueiro, hoxe convertida nun fermoso museo. Tamén aproveitaron para visitar a vila, aproveitando que a chuvia remitía.
Novo desprazamento á vila de Meira, onde puideron xantar a cuberto no Cabanón cedido polo concello para tal fin.
Despois, sen moito tempo de descanso, foron gozar da igrexa de Santa María, que formaba parte do antigo Mosteiro do Cister. Alí, magnificamente guiados pola traballadora da oficina de turismo, foron percorrendo as diferentes estancias da mesma, para rematar admirando unha extraordinaria maqueta do antigo mosteiro.
Sen tempo que perder dirixiuse o grupo ao Pedregal de Irimia, extraordinaria formación rochosa glaciar onde nace oficialmente o río Miño. O grupo gozou coas pedras, as súas lendas, e o son do río...
Para rematar, parada e merenda en Fontemiña onde tamén o Miño ten as súas fontes.
Como sempre volveron para casa felices e contentes, agardando pola próxima edición.
Picando na imaxe do grupo, en San Martiño de Mondoñedo, podes ver máis fotos do evento.

Festa Fin de Curso das clases da Fervenza de Ouzande.
FIN DE CURSO 2019
Están invitados todos os veciños e veciñas da contorna e cantos amigos desexen vir.
Un
ano máis a asociación celebra a FESTA de fin de curso das clases de
música e canto tradicionais que se desenvolven todos os sábados no local
social de Ouzande.
O
curso presente mantivo unha notable participación nestas clases,
superando as sesenta persoas, de todas as idades, nas disciplinas de:
gaita, tambor, pandeireta, baile, canto e acordeón.
Os alumnos e alumnas de todas as clases teñen preparadas diferentes actuacións para esta festa de fin de curso.
A
asociación convida a unha foliada para o sábado 15 de xuño a partir das
21:00 no campo da festa. Agasallaremos tamén cuns pinchos a
todos os asistentes.
HABERÁ MEXILLÓNS DA RÍA DE AROUSA PARA TODOS E TODAS AS ASISTENTES.
sábado, 8 de xuño de 2019
CRÓNICA E FOTOS DO CONCERTO DE INVERNÍA NA ESTRADA
A Banda de gaitas IINVERNÍA facía a súa presentación oficial na Estrada nun concerto organizado pola asociación, celebrado o pasado 2 de xuño, que contou coa colaboración do Concello da Estrada.
Boa entrada no Teatro Principal para acoller este debut, no que participaban músicos do grupo nacido no seo da asociación, Retrouso: Paula Darriba Botana, Manuel Bouzón Fernández, Pablo Neiro Mogo, Uxía Rodríguez Nebra, Celia Astorga Herraiz, Inés Bugallo Puente, Ana Gestoso Froján, Maria Troitiño Seoane, Noelia Bouzón Docampo, e o profesor Marcos Varela Couselo. Entre o público tamén destacaba unha notable presenza de xente da nosa parroquia, pero tamén de moitos estradenses en xeral e outras persoas chegadas de Compostela ou de Dumbría, lugares de orixe das outras formacións que compoñen a banda.
Unha coidada presentación e posta en escena da numerosa banda de gaitas, xunto cunha vestimenta alegre e tamén detallista, acompañou a unha excelente escolla e execución das pezas interpretadas. Esconitáronse comentarios sobre o afinados e acompasados que soaban os músicos e músicas. Cada vez máis cómodos no escenario, acabaron por meter ao público no peto con pezas complexas pero tamén outras moi alegres e bailables. Precisamente cun pasodobre bailado por dous membros do grupo, deuse por finalizado o concerto, que acabou sendo unha festa.
Parabéns a Invernía, e moita sorte na súa singradura cara a Lorient, onde os agarda o Festival Intercéltico.
Picando nesta imaxe podes ver outras fotos do concerto:

domingo, 2 de xuño de 2019
Excursion anual. Terras de Mondoñedo e Meira.
Mondoñedo
Un ano máis a Asociación organiza a excursión anual, que este ano terá como
destino as Terras de Mondoñedo e de Meira, e e os seus lugares máis
atractivos. Será o día 9 de xuño,
domingo.
Horario
08:30h saída de Ouzande
Pola mañá visita á basílica de San Martiño de Mondoñedo e histórica vila de Mondoñedo, na que se inclúe unha visita guiada á Casa de Álvaro Cunqueiro.
15.00h Xantar en Meira
Pola tarde visita guiada á Igrexa románica de Santa María.
Visita ao Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño, e merenda en Fontemiñá.
20.30h Chegada a Ouzande
Inscrición. Na taberna de Ouzande (986570285), ou no correo carreirosouzande@gmail.com ata o venres 7 de xuño.
Xantar. Cada persoa/familia levará o xantar.
Recomendación importante. Levar roupa e calzado cómodo.
martes, 28 de maio de 2019
CONCERTO PRESENTACIÓN DA BANDA DE GAITAS INVERNÍA NA ESTRADA
Invernía, banda de gaitas composta por máis de 30
músicos, e da que forman parte varios estradenses do grupo ouzandés Retrouso,
actuará este ano no Festival Interceltico de Lorient , que se celebrará no vindeiro
mes de agosto e que estará dedicado a Galicia e ás súas músicas. Este domingo
fará o seu concerto de presentación na Estrada.
O grupo Retrouso, nacido na nosa asociación, achega unha parte importante
do proxecto, xa que 10 dos seus compoñentes
pertencen ao grupo nacido en Ouzande: Paula Darriba Botana, Manuel Bouzón
Fernández, Pablo Neiro Mogo, Uxía Rodríguez Nebra, Celia Astorga Herraiz, Inés
Bugallo Puente, Ana Gestoso Froján, Maria Troitiño Seoane, Noelia Bouzón
Docampo, e o profesor Marcos Varela Couselo.
A principios de agosto o grupo poñerá rumbo a Francia
para participar no Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña Francesa.
Trátase do festival de música celta máis importante a nivel mundial, que se
leva celebrando dende 1971 en dita cidade, e supón o maior punto de encontro
das chamadas nacións celtas. Unha particularidade do festival é que cada ano está adicado a unha rexión
celta do mundo diferente, sendo este o ano de Galiza. Invernía acudirá pois, xunto con outras agrupacións, representando
á nosa comunidade nesta edición tan importante.
Invernía preséntase oficialmente na Estrada este domingo
2 de xuño no Teatro Principal nun concerto fixado para as 20:00. Será gratuíto
e as entradas poden retirarse no Departamento de Cultura do Concello da
Estrada, na Taberna de Ouzande ou no propio teatro o día do concerto.
luns, 27 de maio de 2019
Así foi o obradoiro de loción corporal en Ouzande
Celebrouse a sesión do obradoiro na tarde de
hoxe cun total de 15 persoas inscritas.
Levaron mostras do resultado, elaborado con
ingredientes naturais (aceite de améndoas, cera de abella, auga e gotas de
aceite esencial de xeranio)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)