Resumo das conclusións e acordos da Xunta Xeral da AC A Fervenza de Ouzande.
1. Aprobouse o informe económico anual.
2. Elección de Xunta Directiva. Resulta escollida a seguinte Directiva:
Presidente: Xabier Camba Sanmartín
Vicepresidenta: Natalia Carbajal Porto
Secretario: Manuel Rosende Torres
Tesoureira: Rosa Herraiz Cabanas
Vocais:Julio Porto Paramá, Manuel Bouzón Fernández, Loli Camba Cabanas, Manuel Porto Gestoso, Mª Luz Rodríguez Pazos, Laura Rosende Torres e Xabier Adán Ayude,
3. Aprobouse o programa xeral de actividades, que mantén as liñas xerais do exercicio anterior. Incidirase especialmente no traballo de recuperación do Muiño do Rubio no contorno da Fervenza.
4. A asemblea foi informada da proposta da Xunta Directiva de non continuar coa organización do Festival Músicas da Terra de Ouzande. A decisión tómase para non poñer en perigo o traballo socio-cultural que ven desenvolvendo a asociación, debido á grande magnitude e o esforzo humano e económico que supón a organización do Festival.
Ouzande, A Estrada, 27 de xaneiro de 2007
1 comentario:
Hola amigos. É unha pena que non se volte a celebra-lo festival Músicas da Terra. Era unha cita que xa todos tiñamos marcada no calendario, pero agardo que soamente sexa un punto e seguido.
Se esa medida vai a beneficiar á recuperación dos muíños da Fervenza, pois benvida sexa e noraboa.
Por certo, podiades colga-la forma de asociarse á Fervenza de Ouzande, pois como xa vos deixei escrito nalgún comentario anterior, penso que traballades moi ben e estaría encantado de aportarvo-la miña pequena axuda.
Un saúdo.
Publicar un comentario