domingo, 3 de febreiro de 2008

antroido


3 comentarios:

os cegos da fervenza dixo...

Os cegos da Fervenza estivemos en Ouzande e deixámoslles estas copliñas a esa boa xente:
Os cegos da fervenza
aquí outra vez están,
cantaremos as nosas coplas
mellor con chourizo e pan.

Este ano no concello
xa hai alcalde novo,
fixeron as votacións
e A Esrtrada xa ten Dono.

Novo alcalde prá parroquia
tamén tivemos que escoller,
saleu Anxel de Chedas
en menuda se foi meter.

Escoita señor alcalde
o que che temos que pedir,
tés que mirar por Ouzande
porque así non podemos seguir.

Que rematen os sumidoiros
e conto de nunca acabar,
non sei canto tempo levan
que parece a obra do “Escorial”

Empezaron a abrir ghabias
porque viñan as eleicións,
quedou todo cheo de fochas
cando pasaron as votacións.

Mentres tanto, pasa o tempo
e sen “aceras” seghuimos,
vai chegar antes o AVE
mira que che son lentiños.

Escoita tamén os da Fervenza
que pesadiños co local,
chove máis dentro que fóra
todos os anos tamos ighual.

Por certo, que este ano
non teremos festival,
seica daba moito traballo
tanta festa preparar.






Como case todos os anos
outra vez hai que ir votar,
díxolle Rajoy a Zapatero:
quita ti, que eu vou pra alá.

Non sei que diaño terá
o Palacio da Moncloa,
todos queren vivir nel
debe ser cousa moi boa.

Mentres tanto os da Xunta
que ven se levan de verdá,
o Touriño mailo Quintana
queren facer voda legal

Pedíronlle a Feijoo
o casamento apadriñar
el non lles quixo ir
que non quere vodas ghais.

Seique teñen que votar
en norteamérica tamén,
escollen presidente do mundo
e nós dicimos amén.

E con isto xa marchamos
os cegos da Fervenza,
perdoar as nosas faltas
se tedes algunha queixa.

A comer filloas e orellas
todos a pasalo ben,
se nos dades pan e viño
volvemos pró ano que ven.

E que Viva o Antroido!

Anónimo dixo...

que bonitas!!!!!!!!!!
VIVA O ENTROIDO

An dixo...

Xavier sae de medo.hahahaha. Saudos