sábado, 26 de xaneiro de 2008

antroido en ouzande

Este ano propoñemos a celebración do antroido con algunhas novidades en relación cos anos anteriores. Así o programa será:

Sábado de Antroido. 2 de febreiro.
Gran festa de antroido no local social do campo da festa.
A partir das 7:30 da tarde gran festa de disfraces para todas as idades. Tamén haberá unha merenda cea de produtos típicos do tempo de antroido. Quen queira pode traer algún destes produtos para compartir entre todos e todas.
Tamén, esa mesma tarde, a partir das 5:30 da tarde haberá un obradoiro de maquillaxe de antroido no que poderán participar todos os nenos e nenas que o desexen (e maiores tamén). A asociación ten disfraces que estarán á vosa disposición durante toda á tarde dese día.
Non faltarán, coma sempre, os cegos de antroido que nos visitarán e recitarán as súas coplas.

Luns de Antroido. 4 de febreiro.
Como todos os anos iremos á gran festa de disfraces de parroquia veciña de Guimarei. Todas as persoas interesadas están convocadas o propio luns ás 10 da noite no local para formar a comparsa. Este ano “oulímpico” decidimos ir de equipo “oulimpico” da parroquia, coa súa abandeirada e todo. Así que xa sabedes, ide pensando un disfraz de “deportista” para facer un grupo ben grande e animado.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

QUE CARTEL TAN BONITO
SUPOÑO QUE A FESTA VAI A SER IMPRESIONANTE
TEDES TODOS O DISFRAZ, OU A GOMA DA CARETA NO SEU DEFECTO, PREPARADA???
noraboa a Rosa e aos herraiciños polo obradoiro... ide á páxina doredondo e vede os espiños feitos na de cabanas...

Anónimo dixo...

aaaaaaaai que alguén faga propostas para o desfile oulímpico Que poñemos???