domingo, 25 de maio de 2008
excursión ao lugo romano e rural
Como todos os anos por estas datas, dende hai sete anos, imos de excursión. Este ano temos un interesante programa que se centrará no lugo romano e rural.
Día: 1 de xuño de 2008
9:00 h. Saída da Taberna de Ouzande.
11:00. Visita a Santa Eulalia (Santa Baia, Santalla) de Bóveda. Monumento nacional. Templo de orixe romana, que conserva pinturas murais do século IV.
Ruta a pé: Nesta aldea existe unha fermosa ruta de 4 km,moi doada de andar, que poderán facer as persoas que o desexen. Levar calzado cómodo.
13:00. Visita Cidade de Lugo. Paseo pola Muralla romana.
14:00 Xantar á beira do río Miño
16:30. Visita aos restos do Lugo Romano: Casa dos Mosaicos, Exposición Lugo Romano, Centro Arqueolóxico, etc.
Na viaxe de regreso faremos unha parada en A Golada para visitar os seus famosos pendellos.
Prezos da viaxe. Para socios e socias:
8 euros(adultos)
3 euros(menores de 14 anos)
Gratis para menores de 6 anos.
Para o público en xeral: 12 euros.
Inscrición. Na taberna de Ouzande (986570285), ata o venres 30 de maio. Dispoñemos de 55 prazas. Así que a anotarse canto antes...
Xantar. Cada persoa/familia levará o xantar.
Recomendación importante. Levar calzado cómodo (nin tacóns, nin zapatos de “sola”). Tampouco estaría mal un pau, caxato, ou vara para apoiarse.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
que veña bo tempo!!!
segundo WWW.METEOGALICIA.ES:
Agárdase unha lixeira diminución da inestabilidade para a fin de semana. As temperaturas manteranse en valores suaves, baixos en xeral para a época do ano.
POSIBILIDADES DE
SOL 40%
NUBES E SOL 40%
CHOIVA 20%
TEMPERATURA ENTRE 11 E 21 GRAOS
Deséxo-vos un paseio maravilloso a cidade murada de Lugo e cercanías eu quedo en São Paulo, mas meu corazón e meu espírito están vos acompañando nese reconfortante paseio.
un saúdo moito cariñoso para todos de Manolo de Cabanas de OUZANDE
O nombre Roni no comentário arriba foi dexitado por egaño na verdá e´Manolo
Publicar un comentario