mércores, 27 de maio de 2009

imos de excursión

EXCURSIÓN ÁS BEIRAS DO RÍO MIÑO

Un ano máis a Asociación organiza a excursión anual, que este ano terá como destino as beiras do Río Miño, coa visita ás vilas de Tui e Valença do Minho.

Día: 31 de maio de 2009

9:00 h. Saída da Taberna de Ouzande.

10.30 Chegada a Tui.

11:00 Paseo pola fermosa cidade de Tui. Percorrido polo seu magnífico casco histórico e visita á Catedral. Tamén nos achegaremos ás beiras do Río Miño.

14:00 Xantar no Monte Aloia. Trátase dun fermosísimo parque natural, que está perfectamente acondicionado para o xantar campestre.

16:30. Cruzaremos a pé (é un pequeno paseo) a antiga ponte de ferro ata Portugal.

17:00. Visita a Valença do Minho e a súa Fortaleza. Tarde relaxada para o paseo e podermos tomar un rico café portugués.

Prezos da viaxe. Para socios e socias:

8 euros(adultos)

3 euros(menores de 14 anos)

Gratis para menores de 6 anos.

Para o público en xeral: 12 euros.

Inscrición. Na taberna de Ouzande (986570285), ata o venres 29 de maio. Dispoñemos de 55 prazas. Así que a anotarse canto antes...

Xantar. Cada persoa/familia levará o xantar.

Recomendación importante. Levar calzado cómodo e tamén recomendamos levar catalexos, quen os teña.

1 comentario:

An dixo...

Espero que todo saia moi ben, e o pasedes moi moi ben. Por certo...escelente deseño gráfico, ogalla algun día poida colaborar con vos ;D Saúdos e apertas.
http://cgruan.blogspot.com