mércores, 10 de febreiro de 2010

antroido 2010

SÁBADO DE ANTROIDO
Sábado 13 de febreiro 2010
A partir das 16:45 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, a unha carroza percorrerá os lugares da parroquia acompañando aos cegos do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Non faltarán a música nin as cancións.

Horario aproximado:
17:15 da tarde: saída do campo
17:30: O Tallo
18:00:. O Castro
18:15: O Picoto e o Redondo
18:35: Alemparte e O Formigueiro
19:00: O Topete
19:15: Igrexa

E como remate a partir das 19:30 da tarde, merenda e gran festa de disfraces no local social. Música, animación e degustación dos produtos típicos do antroido. A AC A Fervenza de Ouzande convida a todos os veciños e veciñas de Ouzande, e da Estrada en xeral a participar da festa e da diversión neste Antroido. Se queres vir preparar e adornar o tractor que nos servirá de carroza, quedamos ese día (sábado 13, ás 11 da mañá no campo)

RAPACES E RAPAZAS DE OUZANDE!
NON QUEDEDES NA CASA NO ANTROIDO
E VIDE COS VOSOS DISFRACES
A PASALO BEN E DIVERTIRSE MOITO

Ningún comentario: