CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ANUAL
Convócase a todos os socios e socias á Xunta Xeral anual da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, que terá lugar o domingo 7 de febreiro ás 5:30 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:
Informe de xestión.
Informe de actividades(con proxección de fotografías e videos)
Informe económico.
Elección de Xunta Directiva.
Programación anual.
Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e biscoito.
En Ouzande, A Estrada, febreiro de 2010.
PD.
1. É moi importante aistir á reunión para que entre todos colaboremos na boa marcha da asociación, e na proposta e organización de actividades. Recorda que a Asociación somos todos e todas.
2. Na taberna de Ouzande están a disposición de todos os socios e socias os recibos da cota anual correspondente a este ano, e os pendentes do ano anterior (para os socios/as que non pagaron aínda). Recorda que para a organización das actividades é moi necesario dispoñer dos recursos económicos que xeramos
Ningún comentario:
Publicar un comentario