O pasado 9 de febreiro, unhas 50 persoas acudiron á chamada da AC A
Fervenza de Ouzande para celebrar a súa Xunta Xeral Anual. Nesta ocasión
correspondía a renovación da xunta directiva, que ten lugar cada dous
anos. Como xa se anunciara, o ata agora presidente non se presentaba á
reelección, polo que se escollería nova presidencia.
Na
asemblea aprobáronse por unanimidade os informes económico e de xestión
do ano 2024 e proxectouse como é habitual un vídeo resume das
actividades realizadas.
A
continuación procedeuse a elección, tamén por unanimidade da nova xunta
directiva encabezada por Noelia Bouzón Docampo, ata este momento
vicepresidenta da asociación. Foi escollida como vicepresidenta Laura
Carbajal Saborido, como secretaria Inés Bugallo Puente e como
tesoureira, Laura Herraiz Cabanas (a única persoa que repite "cargo"). O resto da nova directiva está formado por: Malusa Rodríguez Pazos, Rosa Herraiz Cabanas, Manuel Rosende Torres, Isabel Durán Parada, Manuel Ángel Bouzón Fernández, Manuel Porto Gestoso, Cristina Riveira Porto, Manuel Uzal Docampo, Almudena Serantes Puente, Patxi López Durán, María Troitiño Seoane, Ana Gestoso Froján e Pablo Neiro Mogo.
A
reunión non estivo exenta de momentos de emotividade ao
producirse a despedida de Xabier Camba como presidente, que dedicou
unhas palabras de agradecemento e cariño aos seus compañeiros e
compañeiras de directiva e aos socios e socias presentes.
Tamén
foi sorprendido con diferentes "agasallos" como un cadro cunha
selección de fotos destes anos, unha torta conmmemorativa, un vídeo e
mesmo a actuación musical do grupo da asociación, Retrouso.
A xuntanza rematou coa tradicional merenda de convivencia a base de chocolate con rosca.
Picando na imaxe podes ver moitas fotos do evento:
E tamén podes repasar as actividades de 2024 neste vídeo:
Convócase Xunta Xeral anual da Asociación Cultural A
Fervenza de Ouzande, que terá lugar o
domingo 9 de febreiro de 2025 ás 6 da tarde no local social do campo da
festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:
1. Informe de xestión
2. Elección de Xunta Directiva
3. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2025
4. Programación anual.
5. Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente
e rosca.
En Ouzande, A Estrada, febreiro de 2025
Na reunión estarán xa a disposición de todos os socios e socias os
recibos da cota anual deste ano. Despois da reunión quedarán na Taberna de
Ouzande para quen desexe pagalos.
Trátase dunha reunión
moi importante para o futuro da asociación. Nesta xunta deixará de ser
presidente Xabier Camba e escolleremos xunta directiva e novo presidente ou
presidenta.
Anímate a participar.
A asociación facémola entre todos e todas.
Un grupo de 12 persoas respondeu a convocatoria da Fervenza de Ouzande.
Percorreron os 10 quilómetros de camiño nas tres horas previstas nun
ambiente de boa conversa e camaradería. O tempo apracible e as fermosas
paisaxes fixeron moi levadeiro este paseo matinal no día de nadal.
Premendo na imaxe poderás ver as mellores fotos da actividade: